video

O tempo da memoria

Posted by dmaranon on Sun, 11/22/2009 - 22:41 in

O tempo da memoria

A realización de “O tempo da memoria” está baseado nun traballo de investigación previo de entrevistas, testemuños, material fotográfico, consultas de fontes bibliográficas, causas militares e análise da correspondencia mantida entre Jose Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez coas respectivas familias desde as súas detencións.

 

A modo de reflexión

 

Como se recupera a memoria? Por que non se sacan á luz os nomes de todos os galegos e galegas represaliados polo réxime franquista? Cando poderemos tratar o tema dos miles de asasinados, encarcerados e perseguidos polo terror deses anos? Como se organizan os sindicatos, a esquerda deste país, o pobo e as asociacións civís para esta tarefa? Cal debe ser a magnitude da homenaxe fronte a tantas vítimas? Como nos podemos marcar un camiño se non somos capaces de mirar atrás?